domingo, 22 de mayo de 2016

A visita ao CIAC



O CIAC, Centro de Interpretación Medioambiental de Compostela, era un centro descoñecido para nós. Esta localizado no fermoso entorno do parque de Belvís. Dedícase este centro a unha mellor comprensión da cidade de Santiago, do seu medio natural e da súa preservación cara ás xeracións vindeiras.En grupos participamos en actividades que o centro ten preparadas para as visitas dos escolares de educación primaria.

Participamos en dúas actividades, na primeira delas en grupos de cinco tivemos que adquirir usando billetes material para construír un entorno habitable, no noso grupo eramos: Jorge, Juan, Jose, Paula e Manuel. A única información que tiñamos eran os custes dos materiais e dos utensilios para a construción, non se nos facilitou cal era o fin da actividade. A cousa non foi de todo ben!!, dos catro niveis que había de impacto medioambiental acadamos o posto terceiro, un nivel de degradación 1, pola nosa actuación desapareceron entre 24 e 36 das árbores que conformaban a fraga.





Os grupos non fomos nada cooperativos, cada grupo foi ao seu, en vez de compartir medios e materiais, dedicámonos a intentar gastar o menos posible sen pensar que había cousas que poderíamos compartir entre nos e con elo acadar un menor custe ambiental. Nos creemos que fomos posuídos polo “poder da situación” e as pólas non nos deixaron ver a fraga. Ao final fixemos cousas moi interesantes: fomos conscientes de que vivimos en sociedade e é necesario cooperar, compartimos os xardíns co resto dos compañeiros e cos refugallos ata fixemos un parque escultórico na zona de lecer.
Mala conciencia por non ser cooperativos? Imos a ser mestres!







Esta é a dirección do CIAC:
http://dus.santiagodecompostela.gal/index.php?option=com_content&view=article&id=32:ciac&catid=59:ciac-gl&Itemid=135&lang=gl 

Un enlace a cousas da nosa terra, para recapacitar:
https://youtu.be/lPqsPKnhhPk

No hay comentarios:

Publicar un comentario