miércoles, 20 de abril de 2016

A quén ou a ónde pertencen as obras de arte?

No British Museum están expostos os “Elgin Marbles” tamén coñecidos como Parthenom Marbles. Tratase dos frisos do Partenón e doutras esculturas que se atopaban na acrópole grega, en Atenas. Foron retirados entre os anos 1801 e 1812 e trasladados por mar a Inglaterra. Mais a día de hoxe existen dúas posicións sobre onde deberían estar expostas estas pezas.

Os defensores de trasladalos a Atenas apuntan entre outros motivos:
  • Non se atopan situados no seu “contexto”. Debérase reunir todas as peces pertencentes ao Partenón
  • Non é posible entender completamente as obras e a súa historia fora do seu contexto.
  • Foron obtidos ilegalmente e deben ser entregados o seu lexitimo dono
  • Etc.


Mais o British Museum (que ten a última palabra) así como diferentes lideres políticos defenden a lexitimidade de que estas esculturas permanezan en Londres.
  • Defenden que foron obtidos legalmente (moi discutible).
  • Defendían que en Grecia estarían mal atendidos. (En 2009 construíuse un impresionante museo a 300 metros da acrópole).

Recordade que ademais de no British Museum esta obra encontrase dividida e repartida en museos de todo o mundo, así como outras obras importantes.

Deixámosvos un artigo dun blog, no que diferentes personalidades do mundo artístico e que manteñen relación con diferentes museos opinan o respecto desta cuentión:

Tamén queremos falar sobre outra importante obra grega, que tamén se encontra desprazada, trátase do Altar de Pergamo, que se atopa reconstruído nun Museo de Pergamo, en Berlín.

A obra foi descuberta por un enxeñeiro alemán, Carl Humann. As excavacións comezaron no 1877 e o traslado comeza no 1879, a inauguración do museo de Pergamo data do 1930.

O Altar de Pergamo non é reclamada do mesmo xeito polo goberno grego que as esculturas e frisos do Partenón. Esta obra foi protexida (salvada da destrución poderíamos dicir), grazas a compra do Imperio Alemán a cambio de 20.000 marcos de ouro o Imperio Otomán (xa que estaban empregando o material para crear cal).


E vos que opinades? Onde deberían estar estas esculturas? 

miércoles, 13 de abril de 2016

O 20% da poboación mundial posúe o 94% da riqueza mundial.

Cantos coñecementos gardan as tiras de Mafalda!

Parece incrible logo de ver o vídeo “Distribución de la riqueza en el Mundo”  algunhas situacións que son noticia hoxe en día.

A nos gustaríanos analizar e pensar, e que vos o fagades con nos, un pouco mais sobre algunhas capturas que fixemos de este vídeo e algunha información que nos chamaron moito a atención:



Imaxinemos que dividimos a poboación mundial
en 5 grupos como nesta gráfica.
O 20% do grupo dos Mais Ricos posúen o 94% de toda
a riqueza Mundial
As 300 persoas máis ricas do mundo posúen as mesma riqueza
 que as TRES MIL MILLÓNS de persoas mais pobres.
Practicamente as persoas que posúen o 43% da riqueza mundial
poderían viaxar nun só avión coma este. 

  

miércoles, 6 de abril de 2016

Viaxando a Hong Kong

Nesta entrada traballaremos con dúas reportaxes fotográficos da versión dixital do periódico "El Pais", "Los McRefugiados de Hong Kong" e "Al fondo, el cielo de Hong Kong". 
 
Na primeira das reportaxes ponse de manifesto a situación na que se encontran algunhas persoas (preto de dúas mil) en Hong Kong que teñen que durmir nos McDonald’s 24 horas da cidade. “Moitos dos que dormen en estes sitios teñen traballo e familia pero non lles alcanza para un teito” di a noticia.


Na segunda reportaxe o fotógrafo Romain Jacquet-Lagrèze mostranos a cidade de Hong Kong, dende a súa peculiar perspectiva, a cidade que describe como a cidade do caos, “Hong Kong é unha cidade orgánica, densa, entolecida e ante todo, viva, que crece descontrolada”. Nas súas fotografías vemos a grandeza dos edificios e construcións, edificios nos que ata 11.000 veciños teñen as súas vivendas.

Estas dúas reportaxes xuntas poden empregarse para levar as aulas cuestións tan importantes e de actualidade como os dereitos humanos, dereito a teito, a un soldo digno, etc. así como tamén podemos aproveitar para coñecer outras realidades (Os andamios de bambú, que fotografía Jacquet-Lagrèze por exemplo).

Estas dúas reportaxes poden ser levadas as aulas de diferentes xeitos, pódense crear debates, realizar investigacións, para traballar xeografía, etc. Mais non cabe a menor dubida de que podería ser un material moi interesante co que traballar, empezando por mostrarlles aos nenos y nenas as imaxes tan impresionantes que nelas aparecen.



martes, 5 de abril de 2016

A Mona Lisa. E tan "mona" segundo Marcel Duchamp's.

A Mona Lisa de Leonardo da Vinci, é a obra pictórica mais coñecida a nivel mundial, mais non unicamente pola súa calidade(Leonardo emprega a técnica do sfumato de xeito brillante), se non tamén polos misterios que arrodean a obra, ese sorriso ambiguo ou a mirada, ademais a obra acadou unha dimensión extraordinaria a partires do roubo sufrido no 1911.

As diferentes hipóteses falan de diferentes identidades da modelo, mais a máis a tese mais aceptada é que se trata da esposa de Francesco Bartolomeo de Giocondo, Lisa Gherardin, e que lle da o nome polo que tamén se coñece a obra.

Marcel Duchamp  realiza en 1919 a obra L.H.O.O.Q que deletreando en francés sairía a frase “Elle a chaud au cul” que literalmente é “Ela ten o cu quente”.

A obra L.H.O.O.Q é unha tarxeta postal barata, Duchamp engadiulle o bigote, a perilla e un novo nome e hoxe en día esta obra é estudada en historia do arte.

Poderíamos dicir que Marcel Duchamp tiña un gran sentido do humor? Duchamp realizou diferentes L.H.O.O.Q unha delas é unha copia da orixinal, sen bigote nin perilla a que nomeou, L.H.O.O.Q rasée (afeitada). 

Coñecedes algunha outra L.H.O.O.Q? E outras obras?
Cal é a vosa opinión sobre as obras de Duchamp?