Nesta entrada traballaremos con dúas
reportaxes fotográficos da versión dixital do periódico "El Pais",
"Los McRefugiados de Hong Kong" e "Al fondo, el cielo de Hong
Kong".
Na primeira das reportaxes ponse de
manifesto a situación na que se encontran algunhas persoas (preto de dúas mil)
en Hong Kong que teñen que durmir nos McDonald’s 24 horas da cidade. “Moitos
dos que dormen en estes sitios teñen traballo e familia pero non lles alcanza
para un teito” di a noticia.
Na segunda reportaxe o fotógrafo
Romain Jacquet-Lagrèze mostranos a cidade de Hong Kong, dende a súa peculiar
perspectiva, a cidade que describe como a cidade do caos, “Hong Kong é unha
cidade orgánica, densa, entolecida e ante todo, viva, que crece descontrolada”.
Nas súas fotografías vemos a grandeza dos edificios e construcións, edificios
nos que ata 11.000 veciños teñen as súas vivendas.
Estas dúas reportaxes xuntas poden
empregarse para levar as aulas cuestións tan importantes e de actualidade como
os dereitos humanos, dereito a teito, a un soldo digno, etc. así como tamén
podemos aproveitar para coñecer outras realidades (Os andamios de bambú, que fotografía Jacquet-Lagrèze por exemplo).
Estas dúas reportaxes poden ser levadas
as aulas de diferentes xeitos, pódense crear debates, realizar investigacións,
para traballar xeografía, etc. Mais non cabe a menor dubida de que podería ser
un material moi interesante co que traballar, empezando por mostrarlles aos
nenos y nenas as imaxes tan impresionantes que nelas aparecen.
http://elpais.com/elpais/2015/11/12/album/1447317170_653218.html#1447317170_653218_1447318056
(Los McRefugiados de Hong Kong)
http://elviajero.elpais.com/elviajero/2014/02/14/album/1392372210_168146.html#bloque_comentarios
(Al fondo, el cielo de Hong Kong)

As imaxes que incluides nesta entrada resultan bastante impactantes, sobre todo a das persoas durmindo nun McDonald´s en Hong Kong. Penso que o motivo principal polo que nos chama á atención é porque nós estamos acostumados a ir ao McDonald´s a facer unha comida rápida e enseguida abandonamos o local, non o vemos como un lugar de descanso, senón todo o contrario.
ResponderEliminarVendo estas imaxes, cremos que sería moi útil empregalas na aula, o que nos suscita unha dúbida, que é como lle poderíamos presentar este tema aos alumnos e alumnas.
Pasadevos polo noso blog compañeiros!