martes, 5 de abril de 2016

A Mona Lisa. E tan "mona" segundo Marcel Duchamp's.

A Mona Lisa de Leonardo da Vinci, é a obra pictórica mais coñecida a nivel mundial, mais non unicamente pola súa calidade(Leonardo emprega a técnica do sfumato de xeito brillante), se non tamén polos misterios que arrodean a obra, ese sorriso ambiguo ou a mirada, ademais a obra acadou unha dimensión extraordinaria a partires do roubo sufrido no 1911.

As diferentes hipóteses falan de diferentes identidades da modelo, mais a máis a tese mais aceptada é que se trata da esposa de Francesco Bartolomeo de Giocondo, Lisa Gherardin, e que lle da o nome polo que tamén se coñece a obra.

Marcel Duchamp  realiza en 1919 a obra L.H.O.O.Q que deletreando en francés sairía a frase “Elle a chaud au cul” que literalmente é “Ela ten o cu quente”.

A obra L.H.O.O.Q é unha tarxeta postal barata, Duchamp engadiulle o bigote, a perilla e un novo nome e hoxe en día esta obra é estudada en historia do arte.

Poderíamos dicir que Marcel Duchamp tiña un gran sentido do humor? Duchamp realizou diferentes L.H.O.O.Q unha delas é unha copia da orixinal, sen bigote nin perilla a que nomeou, L.H.O.O.Q rasée (afeitada). 

Coñecedes algunha outra L.H.O.O.Q? E outras obras?
Cal é a vosa opinión sobre as obras de Duchamp?

No hay comentarios:

Publicar un comentario