miércoles, 20 de abril de 2016

A quén ou a ónde pertencen as obras de arte?

No British Museum están expostos os “Elgin Marbles” tamén coñecidos como Parthenom Marbles. Tratase dos frisos do Partenón e doutras esculturas que se atopaban na acrópole grega, en Atenas. Foron retirados entre os anos 1801 e 1812 e trasladados por mar a Inglaterra. Mais a día de hoxe existen dúas posicións sobre onde deberían estar expostas estas pezas.

Os defensores de trasladalos a Atenas apuntan entre outros motivos:
  • Non se atopan situados no seu “contexto”. Debérase reunir todas as peces pertencentes ao Partenón
  • Non é posible entender completamente as obras e a súa historia fora do seu contexto.
  • Foron obtidos ilegalmente e deben ser entregados o seu lexitimo dono
  • Etc.


Mais o British Museum (que ten a última palabra) así como diferentes lideres políticos defenden a lexitimidade de que estas esculturas permanezan en Londres.
  • Defenden que foron obtidos legalmente (moi discutible).
  • Defendían que en Grecia estarían mal atendidos. (En 2009 construíuse un impresionante museo a 300 metros da acrópole).

Recordade que ademais de no British Museum esta obra encontrase dividida e repartida en museos de todo o mundo, así como outras obras importantes.

Deixámosvos un artigo dun blog, no que diferentes personalidades do mundo artístico e que manteñen relación con diferentes museos opinan o respecto desta cuentión:

Tamén queremos falar sobre outra importante obra grega, que tamén se encontra desprazada, trátase do Altar de Pergamo, que se atopa reconstruído nun Museo de Pergamo, en Berlín.

A obra foi descuberta por un enxeñeiro alemán, Carl Humann. As excavacións comezaron no 1877 e o traslado comeza no 1879, a inauguración do museo de Pergamo data do 1930.

O Altar de Pergamo non é reclamada do mesmo xeito polo goberno grego que as esculturas e frisos do Partenón. Esta obra foi protexida (salvada da destrución poderíamos dicir), grazas a compra do Imperio Alemán a cambio de 20.000 marcos de ouro o Imperio Otomán (xa que estaban empregando o material para crear cal).


E vos que opinades? Onde deberían estar estas esculturas? 

6 comentarios:

  1. Muy buena entrada. El contexto de las obras de arte, la mayoría de las veces, es fundamental para comprender el conjunto de la obra. Si la obra de arte se encuentra fuera de su contexto, esto afectará a la comprensión global de la obra y, quizás, conllevará un grado de pérdida de su valor.
    Si legalmente una obra es comprada por un gobierno, ahí ya entramos en otro debate, ya que si la compra entró dentro de la legalidad es más díficil exigir la vuelta a su contexto. Aunque siempre se puede dudar de esta "legalidad"...
    Un saludo!

    ResponderEliminar
  2. Ola

    Moi boa entrada que axudou a que os integrantes do blog https://osarquivosdomoucho.blogspot.com tiveran un pequeno debate debido aos seus diferentes puntos de vista.

    Por un lado, Laura cree que deberían ser devoltas ao seu lugar de orixe.

    A maioría das adquisicións foron legais, tendo en conta a legalidade da época e tamén que moitas pezas como por exemplo os mármores de Pérgamo tendríanse perdido, xa que estaban destinados a unha fábrica de cal.

    As obras de arte forman parte da cultura do país, da identidade...Por exemplo, no caso dos frisos do Partenón e doutras esculturas son parte da cultura grega, da identidade dos gregos...A pesar de que se mostran reacios a devolver esas reliquias cremos que deberían estar no seu país de orixe, no lugar para o que foron creadas, xa que estando no seu entorno natural poderemos comprender o monumento na súa totalidade.


    Por outra banda David pensa que ainda a risco de perder a harmonía que se pode dar o contemplar a obra no seu contexto natural, non debe regresar de boas a primeiras. Como ben din as nosas compañeiras o comercio coas obras entrou dentro da "legalidade" que se eles podería aplicar en aqueles tempos, mais eu creo que se realmente queren recuperar algo do que noutros tempos non sabian apreciar deben aterse as condicions que lles poñan os novos propietarios.

    Ahora, respondendo a vosa pregunta. Para entender a obra na súa totalidade debería estar no seu contexto pero a historia da sociedade non é só arte. Temos que ter en conta o impacto humano na nosa sociedade así como as decisións que tomaron e as consecuencias nas que desembocaron, polo que pensando nun punto máis histórico diría que non se debería de desprazar.

    E como un bo galego rematarei contestando cunha pregunta, se vos tivesedes no voto poder un ovo de Fabergé adquirido por un antepasado voso, devolveriadelo a Rusia?

    Un saúdo,

    David Cernadas Figueiras
    Laura Cortés Cambeses
    https://osarquivosdomoucho.blogspot.com

    ResponderEliminar
  3. Boas!
    Dende o noso grupo felicitámosvos pola boa calidade da vosa entrada xa que facedes referencia ás dúas posturas que se poden ter en base a devolver o patrimonio histórico ao seu lugar de orixe ou non facendo alusión a persoas do mundo artístico que saben do tema e que poden axudarnos a esclarecer a nosa opinión.
    Nós pensamos que si que se debería retornar este patrimonio ao seu lugar de orixe xa que para entender mellor o seu significado, é importante analizar o contexto no que se atopa. Non obstante, hai que ter en conta que se se devolve ao seu lugar, deberíanse tomar as medidas de conservación máis apropiadas para cada obra.
    Esperamos que vos resultase interesante a nosa opinión e convidámosvos a pasar polo noso blog: http://recunchodascienciassociais.blogspot.com.es/

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Boas tades compañeiros !!

    En liña con comentarios anteriores consideramos que a entrada está moi ben plantexada posto que busca a interacción co lector facendo un chamamento ao debate. A pregunta coa que pechades a mesma “E vos que opinades? Onde deberían estar estas esculturas?”, ao igual que outras dun estilo similar como as empregadas na última interactiva do tipo de: Por que hai guerras no mundo?;Por que nuns traballos gáñase máis diñeiro que noutros? etc, son preguntas especialmente interesante para empregar na Educación Primaria, polo feito de que sen dúbida axudaran aos nenos a desenvolver o pensamento crítico, chegando a conclusións que non esperaban.

    Un saúdo de http://societyprimaria.blogspot.es/

    ResponderEliminar
  5. Buenas tardes!

    Nos parece una entrada muy interesante, creando un debate accesible a todo el mundo, y tenemos que añadir que nos resulta interesante para tratar en aulas de primaria, ya que no hace falta ser un virtuoso del tema para poder opinar.

    Ahora, al grano. ¿Dónde deberían estar estas esculturas? Pues veamos, es verdad que la mejor manera de apreciar y entender el arte es en su contexto real, eso sería lo ideal. Al contemplar las obras expuestas en un museo muchas veces pierden parte de su encanto. Pero por otro lado, opinamos que claramente tienen que estar donde las cuiden, donde sepan apreciar su valor, y con valor no nos referimos al económico obviamente, que da la sensación que hay museos que solo buscan el hacerse con esas obras por el beneficio que puedan sacar cobrando visitas, sin ser conscientes de lo que guardan entre sus paredes.

    Entonces, ¿nuestra conclusión? pues que si en el sitio del que proceden las van a mantener, cuidar, apreciar y dejar que todo el mundo pueda disfrutar de su belleza, mejor que mejor. Si se da el caso de que esto no vaya a ser así, pues mejor que se queden donde están, aunque sea fuera de su contexto.

    Un saludo,

    Noemí, Marta, Adriana y Elisa.

    Os animo a visitar y comentar nuestro blog: http://aroundtheworldccss.blogspot.es

    ResponderEliminar
  6. Buenas tardes.
    Esta entrada en el blog, en nuestra opinión, plantea un debate muy ambiguo y con una respuesta no necesariamente clara. Como habéis comentado los demás compañeros, por un lado, está claro que la necesidad de interpretar el arte en su contexto y la importancia que esto tiene, no parece ponerse en duda por nadie en ningún lugar.
    Ahora bien, si nos fijamos en las características peculiares de la obra, nos damos cuenta de que por un lado tenemos ese contexto histórico y cultural innegable, pero no nos podemos olvidar de que por otro, está la historia y lo ocurrido alrededor de esa obra, y los motivos que llevaron a su traslado.
    Es decir, además de ese carácter artístico y contextual que es inamovible, también debemos tener en cuenta las características históricas y culturales que están alrededor de la obra.
    Nos encontramos entonces ante un planteamiento claro; por un lado no podemos olvidar el origen de la obra, pero al recordar lo sucedido con ella, tampoco podemos olvidar que eso se produjo en un momento histórico determinado y con unas condiciones culturales, económicas, etc... determinadas.
    El traspaso de la obra no solo supuso en si mismo ese traspaso, sino que también supuso un intercambio cultural, una influencia entre culturas, lo que provocó, sin duda alguna, un enriquecimiento de las culturas de origen y de destino.
    Por lo tanto, decir que la obra está bien en un lado o en otro, a estas alturas, en nuestra opinión, no estaría bien ni mal, simplemente creemos que la obra se debe conservar y debe también conservar a su alrededor las condiciones, tradiciones e historia que en ella hay.

    Un saludo.

    Blog descubriendosoci.
    http://descubriendosoci.blogdiario.com

    ResponderEliminar